Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Maioria dos comerciantes votan a favor da peonalización de Curros Enríquez

23, Xaneiro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Votaron os 24 comerciantes desta rúa  que estaban convocados a facelo, 16 fixerono a favor da peonalización e 8 en contra.

Desta maneira, con esta consulta en urna,  o concello resolve definitivamente esta polémica xerada durante os últimos meses.

Antes de executarse as obras, a maioria dos comerciantes eran contrarios á peonalización total, de feito daquéla acadarase un acordo para que a rúa estivese aberta ao tráfico en horario comercial. Agora, os responsables municipais -tal como pretendian dende un principio- logran o apoio da maioria dos comerciantes para decidir a peonalización da rúa.

O alcalde, Argimiro Marnotes, avanzara nesta emisora de radio que o resultado da votación sería vinculante. O concello procederá de inmediato á sinalización que indicará o carácter peonil de Curros Enríquez, no tramo que vai dende Conde Vallellano ata a Praza de San Ramón.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/maioria-dos-comerciantes-votan-favor-da-peonalizaci%C3%B3n-de-curros-enr%C3%ADquez

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/maioria-dos-comerciantes-votan-favor-da-peonalización-de-curros-enríquez [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/maioria-dos-comerciantes-votan-favor-da-peonalización-de-curros-enríquez [3] whatsapp://send?text=A Maioria dos comerciantes votan a favor da peonalización de Curros Enríquez http://copecarballino.es/novas/maioria-dos-comerciantes-votan-favor-da-peonalización-de-curros-enríquez [4] http://copecarballino.es/print/43492