Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os socialistas solicitan un pleno extraordinario para que o alcalde dea explicacións sobre a súa imputación

2, Febreiro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O grupo municipal socialista solicitará a convocatoria dunha sesión extraordinaria da corporación municipal do Carballiño, a fin de que o alcalde Argimiro Marnotes "dea explicacións e diga a verdade sobre a súa imputación na Operación Pokémon".

Tras o levantamento do sumario desta investigación xudicial os socialistas consideran que "Marnotes mentíu aos cidadáns na súa declaración tras coñecerse a imputación, daquela Marnotes afirmara que a súa relación con Vendex limitabase á decisión de suspender o concurso de concesión da ORA".

Pola contra, remarcan dende o grupo socialista, o Servizo de Vixianza Aduaneira -asi se recolle no sumario-  realizou unha reportaxe fotográfica sobre a visita de traballadores dunha empresa vinculada ao grupo Vendex á casa do alcalde, onde presuntamente realizaron traballos de xardineiría co obxetivo de "gañar a confianza do alcalde e asi obter un futuro contrato".

Tamén fan referencia aos diviersos contactos telefónicos con directivos da empresa "nos que se comprometía a elaborar un presuposto para o mantemento do parque municipal e da limpeza viaria e aludiase á futura concesión dun servizo público".

Finalmente, os socialistas afirman que as explicacións dadas no seu dia polo allcalde non se sosteñen á vista do que se recolle no sumario e "xa que no seu dia negouse a dimitir, esiximoslle agora que dea a cara e diga a verdade, que explique estes fieitos e senón é capaz de facélo, que se marche".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-solicitan-un-pleno-extraordinario-para-que-o-alcalde-dea-explicaci%C3%B3ns-sobre-s%C3%BAa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-solicitan-un-pleno-extraordinario-para-que-o-alcalde-dea-explicacións-sobre-súa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-solicitan-un-pleno-extraordinario-para-que-o-alcalde-dea-explicacións-sobre-súa [3] whatsapp://send?text=Os socialistas solicitan un pleno extraordinario para que o alcalde dea explicacións sobre a súa imputación http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-solicitan-un-pleno-extraordinario-para-que-o-alcalde-dea-explicacións-sobre-súa [4] http://copecarballino.es/print/43497