Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os concellos de Boborás, San Amaro e O Carballiño únense para xestionar un novo Obradoiro de Emprego

10, Febreiro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O orzamento do novo proxecto de Obradoiro intermunicipal ascende a 300.000 euros, dos que os 3 concellos deberán aportar 43.000 euros. Durante seis meses dará traballo e formación a 39 desempregados dos tres municipios.

O novo obradoiro contará con catro módulos, dos que dous actuarán no concello do Carballiño -albanelaría e carpintaría- e os otros dous en Boborás e San Amaro, respectivamente. Ademáis do alumnado, completarán o cadro de persoal un director, cinco profesores-monitores e un administrativo.

No caso do concello carballiñés, os traballos centraránse fundamentalmente na recuperación do patrimonio etnográfico nas parroquias de Mudelos, Seoane e Arcos, e na mellora dos accesos ao cemiterio de Señorín.

No concello de San Amaro acometeráse a reforma da antiga escola da parroquia de Anllo. No concello de Boborás a actuación prevista é a recuperación e acondicionamento dunha ruta de sendeirismo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-concellos-de-boboras-san-amaro-e-o-carballino-unense-para-xestionar-un-novo-obradoiro-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-de-boboras-san-amaro-e-o-carballino-unense-para-xestionar-un-novo-obradoiro-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-de-boboras-san-amaro-e-o-carballino-unense-para-xestionar-un-novo-obradoiro-de [3] whatsapp://send?text=Os concellos de Boborás, San Amaro e O Carballiño únense para xestionar un novo Obradoiro de Emprego http://copecarballino.es/novas/os-concellos-de-boboras-san-amaro-e-o-carballino-unense-para-xestionar-un-novo-obradoiro-de [4] http://copecarballino.es/print/43504