Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Gestamp e Concello do Carballiño asinan un convenio para a formación de traballadores

19, Febreiro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Gestamp Wind Steel Galicia, antes Aplicarmetal, comprométese á formación profesional dun mínimo de 80 futuros traballadores, dos que o 60% serán contratados de forma inmediata ao remate dos cursos, que se desenvolverán en locais cedidos temporalmente polo concello na nave municipal da Uceira.

O alcalde Argimiro Marnotes e a concelleira de industria Teresa Cerdeira presentaron este convenio "polo que por medio dos cursos FIP, serán en total cinco cursos, a empresa formará a futuros traballadores, comprometendose mediante este convenio a un mínimo de 80, dos que o 60% terán un contrato de traballo por parte da empresa", adiantou a concelleira.

O rexedor municipal salientou a importancia desta empresa para O Carballiño "é o noso flotel particular, non hai máis que comprobar como os picos de traballo desta empresa coinciden cos descensos nas cifras do paro no Carballiño, esto temolo constatado, e por eso para nos unha prioridade facilitar a esta empresa todo o que sexa posible, igual que o farémos con calquera outro proxecto empresarial que sume postos de traballo no Carballiño",

Según os datos aportados na presentación deste convenio, a empresa da traballo na actualidade a algo máis de 300 persoas na factoría do parque empresarial do Carballiño "que é moi considerada pola calidade dos seus traballosdentro das distintas factorias que esta multinacional ten repartidas polo mundo", subliñou Marnotes. 

Na actualidade, Gestamp Wind Steel é unha multinacional, líder no sector da producción de parques eólicos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/gestamp-e-concello-do-carballi%C3%B1o-asinan-un-convenio-para-formaci%C3%B3n-de-traballadores

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/gestamp-e-concello-do-carballiño-asinan-un-convenio-para-formación-de-traballadores [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/gestamp-e-concello-do-carballiño-asinan-un-convenio-para-formación-de-traballadores [3] whatsapp://send?text=Gestamp e Concello do Carballiño asinan un convenio para a formación de traballadores http://copecarballino.es/novas/gestamp-e-concello-do-carballiño-asinan-un-convenio-para-formación-de-traballadores [4] http://copecarballino.es/print/43509