Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Comisión da Auga recibe o apoio da Confederación Galega de Asociacións Veciñais

12, Abril 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Unha representación da Conderación Veciñal Galega achegouse ata a casa do concello de Punxín,  para mostrar a solidariedade deste colectivo coa veciñanza de Punxín, que sigue demandando do concello e das institucións provinciais e autonómicas unha "via de diálogo" para negociar a xestión do servizo de abastecemento de auga no municipio.

De momento, a demanda veciñal sigue sen resposta por parte do alcalde da localidade, que dias atrás mostrou a súa disposición para reunirse coa comisión da auga, aínda que aplazando esa negociación para o mes de outubro ata "que se vexa como evolucionan os costes do servizo", manifestou nesta emisora de radio Manuel Vázquez, que cifrou o coste do servizo "nunhos 78 mil euros ó ano, esa é a previsión, pero pode subir ou baixar", dixo.

Precisamente, neste acto criticouse a ausencia do alcalde "que nunha flagante falta de respecto e desprezo polos veciños e o cargo que ocupa vaise de vacacións ás Illas Canarias, e non está aquí a pesar de que tiña coñecemento desta concentración dende fai dias".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/comisi%C3%B3n-da-auga-recibe-o-apoio-da-confederaci%C3%B3n-galega-de-asociaci%C3%B3ns-veci%C3%B1ais

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comisión-da-auga-recibe-o-apoio-da-confederación-galega-de-asociacións-veciñais [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comisión-da-auga-recibe-o-apoio-da-confederación-galega-de-asociacións-veciñais [3] whatsapp://send?text=A Comisión da Auga recibe o apoio da Confederación Galega de Asociacións Veciñais http://copecarballino.es/novas/comisión-da-auga-recibe-o-apoio-da-confederación-galega-de-asociacións-veciñais [4] http://copecarballino.es/print/43548