Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Concello e Institutos do Carballiño asinan un acordo de colaboración

14, Abril 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Tratase dun convenio que foi presentado como "pioneiro" e que pretende que tanto os centros educativos como o concello, ou o que é o mesmo  a veciñanza en xeral, aproveiten da mellor maneira posible os recursos públicos.

O alcalde Argimiro Marnotes, e os directos do IES nº 1 e do IES Chamoso Lamas, Manuel Amil e José Manuel Vázquez, asinaron este acordo que nace con vocación de continuidade en vindeiros cursos.

Os centros educativos poñen a disposición do concello unha parte das súas instalacións, fora do horario lectivo, para actividades de carácter cultural, educativo, ou mesmo deportivo, que se promovan dende a institución municipal.

Pola súa parte, o concello pon a disposición dos institutos persoal municipal, fundamentalmente do departamento de obras, para mantemento e pequenas actuacións que se acometan nos dous centros educativos carballiñeses.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concello-e-institutos-do-carballi%C3%B1o-asinan-un-acordo-de-colaboraci%C3%B3n

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-institutos-do-carballiño-asinan-un-acordo-de-colaboración [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-e-institutos-do-carballiño-asinan-un-acordo-de-colaboración [3] whatsapp://send?text=Concello e Institutos do Carballiño asinan un acordo de colaboración http://copecarballino.es/novas/concello-e-institutos-do-carballiño-asinan-un-acordo-de-colaboración [4] http://copecarballino.es/print/43550