Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os socialistas califican como "covardía" do alcalde que cumpla dous meses sen convocar pleno municipal

25, Abril 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O PSdeG entende que o alcalde está a incorrer nunha ilegalidade, e que o fai “nun exercicio de escapismo, para evitar enfrontarse aos problemas da cidadanía e debater sobre eles”.

 Os socialistas consideran que o alcalde tenta así evitar as preguntas incómodas da oposición e as protestas da cidadanía por temas que causaron moita polémica nos últimos meses. “É capaz incluso de chegar a cometer unha ilegalidade pola súa covardía para enfrontar a situación”, afirma o PSdeG.

 Sinalan que o alcalde convoca pleno extraordinario, como o que terá lugar mañá, no que non teñen cabida nin os rogos e preguntas nin as mocións presentadas pola oposición. Ademais lembran que celebrar un pleno extraordinario non o exime de ter que convocar un ordinario como máximo  cada dous meses, segundo marca a lei.

 Afirman que Marnotes tenta así evitar debater sobre temas como a reapertura do matadoiro, o futuro dos xulgados, a falta de servizos de emerxencias, ou a situación das traballadoras de axuda a domicilio, entre outras; que forman parte das mocións presentadas pola oposición.

“O alcalde quítalle así aos cidadáns a posibilidade de expresar as súas queixas e debater sobre cuestións que lles preocupan, eludindo a súa responsabilidade”, sinalan os socialistas

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-califican-como-covardia-do-alcalde-que-cumpla-dous-meses-sen-convocar-pleno

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-califican-como-covardia-do-alcalde-que-cumpla-dous-meses-sen-convocar-pleno [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-califican-como-covardia-do-alcalde-que-cumpla-dous-meses-sen-convocar-pleno [3] whatsapp://send?text=Os socialistas califican como [4] http://copecarballino.es/print/43558