Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello anuncia a execución de diversas obras de mellora no ámbito urbano e rural

5, Maio 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As actuacións son financiadas con fondos municipais ou ben por medio de convenios coas consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

A partir deste martes 6 de Maio comezan as obras na praza da Alameda do Carballiño, que consistirán na reposición da empedrada en toda a rúa Alameda, así como o lousado da zona peonil. Para iso, dende o luns, cortouse o tráfico na citada rúa. Corte que permanecerá mentres duren as obras.

 Inclúese neste proxecto municipal a conversión das fontes piramidais da praza en bancos, con xardineira na súa parte traseira, onde nun inicio había auga. Así mesmo limparase o monumento do Munten, situado na praza do Emigrante, e repoñerase o recubrimento do estanque que o rodea.

Tamén comezaron as obras incluídas no plan marco asinado da consellería de medio Rural para mellora de camiños de titularidade municipal, e no que se van investir no municipio do Carballiño máis de 50.000 euros. Os proxectos incluídos neste plan marco son o afirmado dos accesos a Mosteiro- Paradela, Mesego-Corrredoira, Mesego- Corval, Sagra-Fraga, Gouxiña e Señorín.

Por outro lado o edil de Obras Magin Daparte mantivo unha reunión co responsable de servizo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, para iniciar a formulación da obra de mellora da avenida de Julio Rodríguez Soto, Rotonda da Alameda, Conde Vallellano e Martínez Avellanosa.

Finalmente, o concello do Carballiño anuncia para os próximos dias a licitación da obra de mellora na rúa Alberto Vilanova, que inclúe a construcción da beirarrúa da marxe dereita no tramo entra a rúa Carreira e o centro de saúde, cun investimento de 50.000 euros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-anuncia-execuci%C3%B3n-de-diversas-obras-de-mellora-no-%C3%A1mbito-urbano-e-rural

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-anuncia-execución-de-diversas-obras-de-mellora-no-ámbito-urbano-e-rural [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-anuncia-execución-de-diversas-obras-de-mellora-no-ámbito-urbano-e-rural [3] whatsapp://send?text=O concello anuncia a execución de diversas obras de mellora no ámbito urbano e rural http://copecarballino.es/novas/o-concello-anuncia-execución-de-diversas-obras-de-mellora-no-ámbito-urbano-e-rural [4] http://copecarballino.es/print/43568