Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Verín C.F. 2 C.D. Arenteiro 1

1, Xuño 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Non pudo ser, o Arenteiro despide a tempada cunha derrota en Verín no partido de volta das semifinais Copa Deputación, que priva aos verdes de chegar á final do Couto do vindeiro 14 de Xuño, que finalmente desputarán os verinenses e o Ourense B. 

C.D. Arenteiro: Pachi, Prada, D. López, Lois, Dabarca, Alex, Gallego, Bardelás, M. Sotelo, Martín e Óscar. Tamén xogaron Breogán, Manu, Canexón e Caneiro

Goles:

1-0. Minuto 57. Xogada polémica, xogadores e afeccionados do Arenteiro reclaman o clamoroso fora de xogo de Fran, o árbitro e o liña desentendense, e dianteiro do Verín non perdoa.

2-0. Minuto 78. Dun córner a favor do Arenteiro nace o segundo gol local. Patadón sobre o campo do Arenteiro que colle de sorpresa a zaga verde e Pablo García, so e sen oposición, bate a Pachi dun tiro raso.

2-1. Minuto 90. Penalti sobre Manu que tranforma Dabarca.

O Partido: Con dúas partes moi diferenciadas, na primeira o Arenteiro controlaba ben atrás e aproximabase con perigo á portería local, ata en tres ocasións os verdes puderon adiantarse no marcador, pero nin Alex nin D. López -éste por dúas veces- non souberon definir. A falta de pegada volveu condenar ao Arenteiro que xa, tras o descanso viuse claramente superado por un Verín que saíu en tromba e foi claro dominador do partido ata os minutos finais. No cómputo dos 180 minutos de eliminatoria o Verín é xusto gañador e finalista da Copa Deputación 2014.

Peche de tempada

Con este partido de semifinais de Copa Deputación baixa o seu telón deportivo a tempada, e toca xa pensar na 2014-2015. Para o vindeiro dia 20 deste mes de Xuño, convocaráse a Asamblea Xeral de Socios, na que a Xunta Directiva presentará o balance deportivo, social e económico do Club.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/ver%C3%ADn-cf-2-cd-arenteiro-1

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/verín-cf-2-cd-arenteiro-1 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/verín-cf-2-cd-arenteiro-1 [3] whatsapp://send?text=Verín C.F. 2 C.D. Arenteiro 1 http://copecarballino.es/novas/verín-cf-2-cd-arenteiro-1 [4] http://copecarballino.es/print/43583