Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os comuneiros de Cristimil e A Torre esixen unha compensación económica pola construcción do parque arqueolóxico

10, Xuño 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común ven de clasificar a favor dos comuneiros destes dous pobos o monte da Cidade, de 26 hectáreas.

A nova Xunta rectora anuncia que esixirá da Xunta unha compensación económica pola ocupación de 1,4 hectareas do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, recentemente inaugurado.

Ademáis, a singularidade desta propiedade comunal consiste en que outra parte do monte, case cinco hectáreas, corresponden ao xacemento arqueolóxico do castro da Cidade.

No seu momento, o concello de San Amaro cedera á Xunta de Galicia unha parte do monte, con vistas á construcción do centro de interpretación da cultura castrexa, un proxecto no que se investiron 10 millóns de euros.

O presidente da recén constituida Xunta Rectora do Monte Veciñal en Man Común manifestou en Cope O Carballiño que esixirán unha compensación económica pola ocupación dos terreos nos que a Xunta construíu o edificio do parque arqueolóxico "non queremos obras, queremos diñeiro contante e sonante, non queremos problemas con ninguén, pero que ninguén trate de pasar por enriba de nos", manifestou nesta emisora de radio o presidente dos comuneiros, José Modesto Rodríguez.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-comuneiros-de-cristimil-e-torre-esixen-unha-compensacion-economica-pola-construccion-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-comuneiros-de-cristimil-e-torre-esixen-unha-compensacion-economica-pola-construccion-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-comuneiros-de-cristimil-e-torre-esixen-unha-compensacion-economica-pola-construccion-do [3] whatsapp://send?text=Os comuneiros de Cristimil e A Torre esixen unha compensación económica pola construcción do parque arqueolóxico http://copecarballino.es/novas/os-comuneiros-de-cristimil-e-torre-esixen-unha-compensacion-economica-pola-construccion-do [4] http://copecarballino.es/print/43586