Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A parroquia de Seoane pide a paralización do novo PXOM do concello carballiñés

15, Agosto 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Foi no transcurso dunha reunión informativa organizada pola propia asociación veciñal, a totalidade dos asistentes mostraronse contrarios ao borrador da reforma do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello carballiñés. máis concretamente, no que afecta á parroquia de Seoane.

Os veciños fixeron patente a súa disconformidade non so pola redución do solo urbanizable, que é común a todas as parroquias, senón que ademáis, no caso de Seoane, manifestaron o seu disgusto pola proxectada ampliación do Parque Empresarial atá practicamente os lindes de varias vivendas.

A veciñanza asistente a esta reunión solicitou que a asociación traslade  ás autoridades locais a inmediata anulación do proceso de aprobación do novo PXOM pola "restrición do desenvolvemento urbano dos núcleos da parroquia e a agresividade que suporía a integración da suposta actividade industrial á beira das vivendas de Seoane".

Finalmente, decidiron proceder a recollida de sinaturas que mostren "a oposición frontal e contundente de toda esta parroquia" ao novo proxecto de PXOM.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/parroquia-de-seoane-pide-paralizaci%C3%B3n-do-novo-pxom-do-concello-carballi%C3%B1%C3%A9s

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/parroquia-de-seoane-pide-paralización-do-novo-pxom-do-concello-carballiñés [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/parroquia-de-seoane-pide-paralización-do-novo-pxom-do-concello-carballiñés [3] whatsapp://send?text=A parroquia de Seoane pide a paralización do novo PXOM do concello carballiñés http://copecarballino.es/novas/parroquia-de-seoane-pide-paralización-do-novo-pxom-do-concello-carballiñés [4] http://copecarballino.es/print/43629