Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os traballadores do matadoiro reclaman a súa reapertura tras dous anos de inactividade

3, Setembro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O matadoiro leva dous anos pechado despois de que abandonase as instalacións a antiga concesionaria, Carnes do Carballiño. Daquéla, a precariedade das instalacións e a caducidade da concesión adminstrativa deixaron sen traballo aos profesionais que, dende entón veñen demandando a reapertura do matadoiro, de titularidade municipal.

Os matachíns, que contaron co apoio dos grupos da oposición, concentraronse ante a casa do concello para facer visible ante a cidadanía a súa protesta por unha situación que se prolonga despóis do fallido intento do concello carballiñés de reabrir estas instalacións por medio dun convenio co Clúster da carne de Galicia.

O alcalde do Carballiño manifestou que xa comunicou aos traballadores "que a Xunta emitirá o vindeiro dia 8 un informe que determinará o futuro do matadoiro, xa que nos indicará se podemos ou non facer un concurso para adxudicar a concesión administrativa das instalacións".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-traballadores-do-matadoiro-reclaman-sua-reapertura-tras-dous-anos-de-inactividade

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-traballadores-do-matadoiro-reclaman-sua-reapertura-tras-dous-anos-de-inactividade [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-traballadores-do-matadoiro-reclaman-sua-reapertura-tras-dous-anos-de-inactividade [3] whatsapp://send?text=Os traballadores do matadoiro reclaman a súa reapertura tras dous anos de inactividade http://copecarballino.es/novas/os-traballadores-do-matadoiro-reclaman-sua-reapertura-tras-dous-anos-de-inactividade [4] http://copecarballino.es/print/43638