Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O polideportivo Paco Chao mellora prestacións con dúas novas pistas de pádel

6, Setembro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Carballiño contará, dende o próximo mes de outubro, con dúas novas pistas de pádel, que se están a construír nas inmediacións do pavillón Paco Chao.

Foron moitos os veciños e colectivos que demandaron este tipo de instalacións deportivas, polo que o concello decidiu solicitar unha subvención para construílas.

Nas pasadas semanas recibiron o visto e prace para esta subvención, que vén da Xunta de Galicia a través dos fondos europeos de desenvolvemento rexional, achegando esta o 75% do custo da obra, sendo a achega do concello de 12.500 euros.

As obras comezaron esta mesma semana, e estarán rematadas na primeira semana de outubro, e dende ese momento xa poderán ser utilizadas pola veciñanza do Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-polideportivo-paco-chao-mellora-prestaci%C3%B3ns-con-d%C3%BAas-novas-pistas-de-p%C3%A1del

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-polideportivo-paco-chao-mellora-prestacións-con-dúas-novas-pistas-de-pádel [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-polideportivo-paco-chao-mellora-prestacións-con-dúas-novas-pistas-de-pádel [3] whatsapp://send?text=O polideportivo Paco Chao mellora prestacións con dúas novas pistas de pádel http://copecarballino.es/novas/o-polideportivo-paco-chao-mellora-prestacións-con-dúas-novas-pistas-de-pádel [4] http://copecarballino.es/print/43640