Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello de Boborás rebaixa o coeficiente municipal do IBI, ao pasar do 0,6 ao 0,55

31, Outubro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Boborás aprobou hoxe por maioría absoluta, cos votos do Partido Popular, a baixada do Imposto de Bens e Inmobles do 0,6 o 0,55. Con esta medida preténdese que os veciños e as veciñas de Boborás non teñan que pagar máis polos seus recibos e logo de que se suprimira o Plan de Axuste no que se contemplaba dita suba. Segundo precisou o alcalde, no seu día “tivemos que subilo ao 0,6 pero a nosa intención e en vindeiros anos baixalo a mínimo que marca a lei que é o 0,4”.

Segundo precisou o alcalde, “Boborás está entre os 10 concellos da provincia de Ourense con menor carga impositiva”.  E neste punto tamén indicou que os veciños e veciñas de Boborás pagan 50 euros anuais polo servizo de recollida de lixo, cando o recibo debería de ser o dobre para poder costear o mesmo, gasto que o concello asume con recursos propios.

Ademais neste pleno tamén se acordou a rescisión do contrato para a construción e explotación do parque eólico singular a petición da empresa, ao non poder  levar a cabo a execución  o mesmo.

Outro dos puntos relevantes dentro da orde do día foi a prorrogación do contrato para a xestión do abastecemento domiciliario de auga potable e saneamento a empresa Geseco por un ano máis.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-rebaixa-o-coeficiente-municipal-do-ibi-ao-pasar-do-06-ao-055

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-rebaixa-o-coeficiente-municipal-do-ibi-ao-pasar-do-06-ao-055 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-rebaixa-o-coeficiente-municipal-do-ibi-ao-pasar-do-06-ao-055 [3] whatsapp://send?text=O concello de Boborás rebaixa o coeficiente municipal do IBI, ao pasar do 0,6 ao 0,55 http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-rebaixa-o-coeficiente-municipal-do-ibi-ao-pasar-do-06-ao-055 [4] http://copecarballino.es/print/43678