Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O PSdG mantén un encontro coas asociacións culturais para "coñecer as súas necesidades"

5, Novembro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O portavoz do Grupo Municipal dos Socialistas de Carballiño, Paco Fumega, mantivo un encontro con representantes dos colectivos culturais, a fin de coñecer de primeira man as súas principais necesidades "e trasladarlles o apoio do PSdeG".

Na xuntanza participaron representantes de Tiruleque, Plataforma de afectados polas taxas do Conservatorio, Potiños, Avantar, 8Notas, Cineclube Carballiño, Donorte e Chamoso Lamas.

Entre as preocupacións xerais destes colectivos atópanse a necesidade de contara con locais axeitados así como a tardanza da convocatoria das subvencións do Concello.

Paco Fumega destacou a importancia de manter e consolidar o tecido cultural no Carballiño e recoñeceu o inmenso traballo que estas asociacións están a facer por ofrecer a esta vila unha oferta cultural en diversos ámbitos.

Por elo, expresoulles "o respaldo do PSdeG nas súas reivindicacións e comprometeuse a ter en conta as súas necesidades para elaborar unha estratexia de fomento e apoio das actividades culturais no Carballiño". 

Ésta, foi a segunda reunión en poucos dias do portavoz socialista con colectivos locais, tras a celebrada cos responsables do Centro Comercial Aberto e a Asociación de Comerciantes e Empresarios.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-psdg-manten-un-encontro-coas-asociaci%C3%B3ns-culturais-para-co%C3%B1ecer-s%C3%BAas-necesidades

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psdg-manten-un-encontro-coas-asociacións-culturais-para-coñecer-súas-necesidades [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psdg-manten-un-encontro-coas-asociacións-culturais-para-coñecer-súas-necesidades [3] whatsapp://send?text=O PSdG mantén un encontro coas asociacións culturais para [4] http://copecarballino.es/print/43682