Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cesáreo Rivera e Carlos Varela, premios A Arenteira 2014, que tamén se concede a Olimpio Liste a título póstumo

17, Novembro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Xurado encargado da elección dos premiados nesta III Edición do Galardón da Arenteira que organiza con carácter anual o Aparthotel Arenteiro do Carballiño, acordou en reunión celebrada no citado establecemento hoteleiro conceder esta distinción ás seguintes persoas:

Arenteira Modalidade Deporte: D. Cesáreo Rivera Pérez. Exfutbolista e maior exponente nesta disciplina saído destas terras. Foi xogador do Celta, do Sevilla e internacional coa Selección Española. Subliñar que foi proposto pola práctica totalidade dos centros que votaron nesta edición.

Arenteira Modalide Cultura e Investigación:  D. Carlos Varela García. Fiscal Superior de Galicia. Polo seu decidido compromiso coa nos lingüa e coa normalización lingüística da xustiza, manifestada abertamente e polo seu traballo neste sentido tanto nas diversas publicacións realizadas como nas institucións e asociacións ás que pertence.

 Arenteira a Título Póstumo: D. Olimpio Liste Regueiro. Fundador do Museo Liste de Oseira. Personaxe fundamental na preservación do noso legado patrimonial e valedor do mesmo nunha dura batalla na que non sempre foi correspondido e comprendido.

 A entrega destes galardóns farase no Salón de Actos do Aparthotel Arenteiro o día 28 de novembro, ás 20 horas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cesareo-rivera-e-carlos-varela-premios-arenteira-2014-que-tamen-se-concede-olimpio-liste

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cesareo-rivera-e-carlos-varela-premios-arenteira-2014-que-tamen-se-concede-olimpio-liste [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cesareo-rivera-e-carlos-varela-premios-arenteira-2014-que-tamen-se-concede-olimpio-liste [3] whatsapp://send?text=Cesáreo Rivera e Carlos Varela, premios A Arenteira 2014, que tamén se concede a Olimpio Liste a título póstumo http://copecarballino.es/novas/cesareo-rivera-e-carlos-varela-premios-arenteira-2014-que-tamen-se-concede-olimpio-liste [4] http://copecarballino.es/print/43690