Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > "Fixar poboación, compromiso irrenunciable" para o Partido Popular de Beariz

27, Novembro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O bar Centro de Beariz acolleu esta tarde o Congreso Local do PP nesta localidade. A única candidatura presentada foi a liderada por Manuel Prado, que acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección.

O presidente local electo, tamén alcalde da localidade, despois de agradecer a confianza depositada na súa candidatura e de facer un balance da súa xestión en Beariz, recalcou que “o noso obxectivo irrenunciable para os vindeiros catro anos é o de fixar poboación no municipio. Para elo, centrarémonos en catro piares fundamentais: potenciar a residencia da terceira idade e o emprego feminino a través da dependencia; impulsar o parque empresarial; mellorar e diversificar a productividade agraria de Beariz; e, por último, crear unha brigada municipal de obras dando así saída aos ingresos acadados pola explotación do parque eólico”, explicou Manuel Prado.

O encargado de clausurar o Congreso Local de Beariz foi o presidente provincial, Manuel Baltar, quen aplaudiu as propostas de futuro expostas polo presidente local e abogou “polo compromiso constante das administracións locais de velar polos intereses e necesidades dos veciños. E aquí entra en xogo o factor clave da cooperación para loitar entre todos por este obxectivo”.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/fixar-poboaci%C3%B3n-compromiso-irrenunciable-para-o-partido-popular-de-beariz

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fixar-poboación-compromiso-irrenunciable-para-o-partido-popular-de-beariz [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fixar-poboación-compromiso-irrenunciable-para-o-partido-popular-de-beariz [3] whatsapp://send?text= [4] http://copecarballino.es/print/43700