Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Accidente na rúa do Irixo: envorca un camión da recollida do lixo

2, Xaneiro 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O accidente aconteceu sobre as 10 da mañá na rúa do Irixo do Carballiño, un camión do servizo da recollida do lixo da Deputación envorcou e chocou contra o túnel do ferrocarril que atravesa a rúa do Irixo.

O vehículo accidentado, que estaba recollendo o lixo nesta zona do Carballiño, transitaba pola rúa Buenos Aires, paralela a vía do ferrocarril, en dirección a rúa do Irixo, cando por causas aínda por determinar o conductor perdeu o control do camíón, que quedou envorcado sobre a rúa do Irixo despois de chocar contra o túnel do ferrocarril. 

O conductor, Felisindo Pérez González, de 64 anos de idade, veciño de O Reino, sufríu feridas na cabeza, foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario de Ourense. O outro traballador, que ocupaba a parte traseira do camión, saltou ao chan e saíu ileso tras o accidente.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/accidente-na-r%C3%BAa-do-irixo-envorca-un-cam%C3%ADon-da-recollida-do-lixo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/accidente-na-rúa-do-irixo-envorca-un-camíon-da-recollida-do-lixo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/accidente-na-rúa-do-irixo-envorca-un-camíon-da-recollida-do-lixo [3] whatsapp://send?text=Accidente na rúa do Irixo: envorca un camión da recollida do lixo http://copecarballino.es/novas/accidente-na-rúa-do-irixo-envorca-un-camíon-da-recollida-do-lixo [4] http://copecarballino.es/print/43730