Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O BNG cualifica de "imprudencia temeraria" a situación do servizo municipal de emerxencias

19, Xaneiro 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O BNG carballiñés manifesta a "preocupación e malestar pola situación na que se atopa o servizo de emerxencias do concello do Carballiño, xa que a partir deste martes 20 de xaneiro os voluntarios deixan de facer gardas".

Ata o pasado dia 31 de Decembro o concello carballiñés tiña contratados 12 traballadores, un servizo que se financiou a trávés do plan de cooperación "e agora quedámonos sen un servizo tan necesario par a cidadanía do Carballiño".

Engaden os nacionalistas que esta situación "pon de manifesto o liderazgo do alcalde do Carballiño, e sen querer ser alarmistas acusamos ao Partido Popular e ao seu alcalde de imprudencia temeraria".

Por último, desde o BNG critican "os imcumprimentos do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xa que afirmou en varias ocasións  que o parque de bombeiros estaría en funcionamento no ano 2014".

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-bng-cualifica-de-imprudencia-temeraria-situaci%C3%B3n-do-servizo-municipal-de-emerxencias

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-cualifica-de-imprudencia-temeraria-situación-do-servizo-municipal-de-emerxencias [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-cualifica-de-imprudencia-temeraria-situación-do-servizo-municipal-de-emerxencias [3] whatsapp://send?text=O BNG cualifica de [4] http://copecarballino.es/print/43741