Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Candidatura Veciñal do Carballiño celebrará primarias no vindeiro mes de Marzo

27, Febreiro 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A candidatura veciñal que concurrirá ás vindeiras eleccións municipais no concello do Carballiño sigue aberta a todos os veciños e veciñas que queiran participar no proceso de primarias, que culminará a partir do vindeiro 10 de marzo coa votación que elixirá aos integrantes da lista electoral. 

Os promotores da candidatura manifestan que "ante a constatación de que conforme pasan os días hai máis demanda,prorrogase o prazo de inscripción de voluntarios/as para participar nas primarias que terán lugar sobre o 10 de Marzo"

Recalcan desde a comisión xestora que se trata dun  proceso totalmente transparente e aberto "nada de amigos e achegados no senso pexorativo como alguén está insinuando.Feitas as primarias continuará o proceso aberto de elaboración de programa e planificación de campaña"

Aínda está por decidir tanto  o nome  como a formula xurídica coa que acudirán  ás eleccións do vindeiro 24 de Maio e fan un chamamento a  "toda a xente que de boa fe aposte por unha candidatura veciñal participativa, que pode dirixirse ao tlf 687 95 81 61".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/candidatura-veci%C3%B1al-do-carballi%C3%B1o-celebrar%C3%A1-primarias-no-vindeiro-mes-de-marzo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/candidatura-veciñal-do-carballiño-celebrará-primarias-no-vindeiro-mes-de-marzo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/candidatura-veciñal-do-carballiño-celebrará-primarias-no-vindeiro-mes-de-marzo [3] whatsapp://send?text=A Candidatura Veciñal do Carballiño celebrará primarias no vindeiro mes de Marzo http://copecarballino.es/novas/candidatura-veciñal-do-carballiño-celebrará-primarias-no-vindeiro-mes-de-marzo [4] http://copecarballino.es/print/43777