Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Arenteiro e Nogueira deixan pendente a eliminatoria de copa para o partido de volta

20, Marzo 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Empate sen goles no Estadio de Espiñedo no partido de ida de cuartos de final da Copa Deputación nunha tarde de fútbol moi pobre, un resultado que deixa a eliminatoria moi aberta para o partido de volta a xogar o xoves santo. O Arenteiro terá que sair a gañar en Luintra, aínda que tamén lle vale un empate con goles.

CD Arenteiro: Pachi, Gele, Pana, Diego López, Dani Arbo, Ocampo, Martín Pérez, Victor Gallego, Dani Vázquez, Bardelás e Diego Quiroga. Tamén xogaron Carlos Escudero, Lois, Brais e Manu.

O Partido: O Nogueira presentouse en Espiñedo cun fútbol primitivo, patadón e perder tempo foron os seus argumentos. Enfronte, un Arenteiro que o intentaba pero que se atascaba nos metros finais, sen crear ocasións claras de gol. Con este panorama, o resultado máis lóxico un empate a cero, como asi foi. Non obstante, o meta visitante Jacobo, con dúas magnificas intervencións en sendos tiros de Dani Vázquez, e o local Pachi nun remate de Javi Ramos evitaron que os goles subisen ao marcador.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/arenteiro-e-nogueira-deixan-pendente-eliminatoria-de-copa-para-o-partido-de-volta

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/arenteiro-e-nogueira-deixan-pendente-eliminatoria-de-copa-para-o-partido-de-volta [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/arenteiro-e-nogueira-deixan-pendente-eliminatoria-de-copa-para-o-partido-de-volta [3] whatsapp://send?text=Arenteiro e Nogueira deixan pendente a eliminatoria de copa para o partido de volta http://copecarballino.es/novas/arenteiro-e-nogueira-deixan-pendente-eliminatoria-de-copa-para-o-partido-de-volta [4] http://copecarballino.es/print/43799