Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello reivindica unha sociedade máis igualitaria entre homes e mulleres

26, Marzo 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O acto formaba parte da programación de activiades organizada pola área municipal de igualdade con motivo do "Dia Internacional das Mulleres".

O salón de plenos da casa do concello carballiñés reunía con este motivo a unha representación das participantes nos cursos que viñeron organizandose nos útlimos meses, como o curso Rede Emprende en Igualdade, o curso de autodefensa par mulleres, ou o de "cociña, comparte, iguálate", éste último para homes.

Tamén recibiron os seus premios os gañadores do IV Concurso Fotográfico 2015 "Unha mirada de xénero: con E de Emprendedoras".

O acto contou coa asistencia da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e da intervención do alcalde Argimiro Marnotes e a concelleira de Igualdade e Benestar Purificación Alberte, que salientaron "o irrenunciable compromiso do goberno municipal a favor da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes".

A presidenta local da Asociación Española de Loita Contra o Cancro, Julia Corral, recibíu o donativo de 775 euros que entregaron os participantes na andaina "O Carballiño camiña pola igualdade" celebrada o pasado dia 15 de Marzo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-reivindica-unha-sociedade-m%C3%A1is-igualitaria-entre-homes-e-mulleres

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-reivindica-unha-sociedade-máis-igualitaria-entre-homes-e-mulleres [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-reivindica-unha-sociedade-máis-igualitaria-entre-homes-e-mulleres [3] whatsapp://send?text=O concello reivindica unha sociedade máis igualitaria entre homes e mulleres http://copecarballino.es/novas/o-concello-reivindica-unha-sociedade-máis-igualitaria-entre-homes-e-mulleres [4] http://copecarballino.es/print/43805