Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello incrementará o gasto no servizo de axuda a domicilio, que pasa dos 226.000 actuais aos 407.000 previstos para a próxima concesión

9, Abril 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A corporación aprobou, coa abstención dos socialistas, o prego de bases que regulará a concesión do contrato para a xestión do servizo municipal de axuda a domicilio.

Increméntase siñificativamente a cantidade económica que o concello carballiñés destinará ao mantemento deste servizo, pasando dun orzamento de 226.000 euros que se viñan orzamentado para este fin, aos 407.000 euros do contrato futuro, o que siñificará un importante aumento de horas na prestación deste servizo municipal.

O pleno atendeu unha moción de urxencia do grupo socialista para demandar da Xunta a apertura da Residencia de Tempo Libre durante todo o ano. O grupo socialista aceptou unha transacccional do Partido Popular e finalmente acordouse instar á Xunta de Galicia a que reciba a unha delegación do concello do Carballilño para buscar puntos de encontro cara a dinamización destas instalacións.

Tamén, por unanimidade, aprobouse unha moción do PSdeG contra a privatización dos Rexistros Civís.

A sesión plenaria foi aproveitada polos extraballadores do matadoiro para facer patente a súa protesta pola tardanza na convocatoria do concurso público para a concesión da explotación destas instalacións.

O pleno iniciouse coa toma de posesión da nova concelleira  Remedios Castro Covela, que apenas a dous meses por diante para concluir o actuál mandato municipal, sustitúe no grupo socialista a Maria Josefa Pérez, que presentara a súa renuncia no pasado mes de Xaneiro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-incrementara-o-gasto-no-servizo-de-axuda-domicilio-que-pasa-dos-226000-actuais-aos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-incrementara-o-gasto-no-servizo-de-axuda-domicilio-que-pasa-dos-226000-actuais-aos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-incrementara-o-gasto-no-servizo-de-axuda-domicilio-que-pasa-dos-226000-actuais-aos [3] whatsapp://send?text=O concello incrementará o gasto no servizo de axuda a domicilio, que pasa dos 226.000 actuais aos 407.000 previstos para a próxima concesión http://copecarballino.es/novas/o-concello-incrementara-o-gasto-no-servizo-de-axuda-domicilio-que-pasa-dos-226000-actuais-aos [4] http://copecarballino.es/print/43814