Desenrolado por coroa.es
Os candidatos ás eleccións municipais no Concello do Carballiño participaron nunha Mesa Redonda co alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Nº1.
O acto celebrado no Salón de Actos do centro carballiñés contou coa presenza de Argimiro Marnotes, candidato á alcaldía do Carballiño e actual alcalde do Partido Popular, Francisco Fumega do PSOE, Chema Ferreiro polo BNG e Bernardo García de Alternativa veciñal. Actuou como presentador e moderador do acto Manuel Amil Otero, director do centro.
Despois dunha breve exposición a cargo de cada candidato á alcaldía, o alumnado planteou preguntas sobre temas do seu interese como o posicionamento dos diferentes partidos sobre nova Lei de Educación (LOMCE), as medidas que se ían tomar con respecto ao Parque Municipal da vila ou a grave situación económica das familias debido á crise e a posibilidade de abrir novos comedores escolares para paliar en parte esta situación.
A iniciativa no IES Nº1 de realizar esta Mesa Redonda tiña como obxectivo achegar aos votantes máis novos, sobre todo a aqueles que votan por primeira vez, as cuestións da vida política local e as posturas que sobre elas figuran nos programas electorais das distintas formacións.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-candidatos-carballineses-abriron-campana-electoral-cun-acto-no-ies-no-1
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-candidatos-carballineses-abriron-campana-electoral-cun-acto-no-ies-no-1
[3] whatsapp://send?text=Os candidatos carballiñeses abriron a campaña electoral cun acto no IES nº 1 http://copecarballino.es/novas/os-candidatos-carballineses-abriron-campana-electoral-cun-acto-no-ies-no-1
[4] http://copecarballino.es/print/43843