Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Xa están a venda as entradas e camisetas conmemorativas: A marea verde prepárase para a gran final deste domingo no Estadio do Couto

1, Xuño 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Club Deportivo Arenteiro xogará este vindeiro domingo dia 7 de Xuño no Estadio do Couto de Ourense, ás seis e media da tarde,  a final da Copa Deputación 2014-2015 ante a Sociedade Deportiva Bande. 

Será a cuarta vez na historia  do club en acceder a gran final deste torneo, que so gañou o Arenteiro no ano 2002 ante a SD Nogueira de Ramuín, xa que perdería as outras dúas finais, as de 2005 e 2007 ante Verín e Barbadás.

Xa están á venda camisetas conmemorativas, que poden adquirirse en Café-Bar Soldado, Fútboleros Carballiño, Café-Bar Caserío, e no Stand da Praza Maior de 7 a 9 da tarde, e nestes mesmos lugares realizase a venda anticipada de entradas, que teñen un coste de 7 euros. Os rapaces dos equipos do fútbol base da Escola Municipal de Fútbol terán entrada gratuíta.

Para facilitar o desplazamento de afeccionados ata Ourense, o concello do Carballiño pon a súa disposición autocares gratuítos con saída ás cinco da tarde desde a Igrexa da Veracruz.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xa-est%C3%A1n-venda-entradas-e-camisetas-conmemorativas-marea-verde-prep%C3%A1rase-para-gran-final-deste

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xa-están-venda-entradas-e-camisetas-conmemorativas-marea-verde-prepárase-para-gran-final-deste [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xa-están-venda-entradas-e-camisetas-conmemorativas-marea-verde-prepárase-para-gran-final-deste [3] whatsapp://send?text=Xa están a venda as entradas e camisetas conmemorativas: A marea verde prepárase para a gran final deste domingo no Estadio do Couto http://copecarballino.es/novas/xa-están-venda-entradas-e-camisetas-conmemorativas-marea-verde-prepárase-para-gran-final-deste [4] http://copecarballino.es/print/43873