Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O BNG analiza a súa posible integración no futuro goberno do socialista Francisco Fumega

9, Xuño 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Son dúas as reunións previstas para esta semana nas que se abordará esta posibilidade, a integración no goberno que presidirá o socialista Paco Fumega dos dous concelleiros que os nacionalistas terán na futura corporación municipal.

Aínda que a opinión maioritaria entre as bases do BNG carballiñés parece que se decanta en contra desa posiblidade de entrar no goberno, a situación podería dar un xiro trala celebración destas dúas reunións, a primeira xuntará a asemblea de afiliados e a segunda faráse coa candidatura que encabezou Chema Ferreiro, e na que unha gran parte dos integrantes formaban parte da mesma como independentes.

Esta segunda reunión terá lugar este xoves pola noitiña, e será despois de escoitar todas as opinións cando se adoptará unha decisión final ao respecto.

Fumega mantén a súa oferta aos nacionalistas, que no caso de entrar a formar parte do goberno no concello carballiñés, terían ao seu cargo a xestión de dúas áreas municipais.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-bng-analiza-s%C3%BAa-posible-integraci%C3%B3n-no-futuro-goberno-do-socialista-francisco-fumega

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-analiza-súa-posible-integración-no-futuro-goberno-do-socialista-francisco-fumega [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-analiza-súa-posible-integración-no-futuro-goberno-do-socialista-francisco-fumega [3] whatsapp://send?text=O BNG analiza a súa posible integración no futuro goberno do socialista Francisco Fumega http://copecarballino.es/novas/o-bng-analiza-súa-posible-integración-no-futuro-goberno-do-socialista-francisco-fumega [4] http://copecarballino.es/print/43880