Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Caamaño outorga amplas competencias e responsabilidades á concelleira Patricia Torres

26, Xuño 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O pleno de organización do novo mandato municipal no concello de Boborás aprobou as propostas do alcalde Cipriano Caamaño e do propio Partido Popular que outorgan as maiores responsabilidades do goberno municipal á concelleira Patricia Torres.

Ademáis de exerecer como portavoz do goberno municipal, a concelleira será a única con dedicación exclusiva, cunha retribución de 16.670 euros brutos anuais.

Patricia Torres tamén foi designada como tesoureira do concello de Boborás, e representante municipal en diversas entidades e órganos colexiados nos que está representado o concello de Boborás.

O pleno tamén aprobou, cos votos en contra da oposición, a periocidade das sesións ordinarias, quedando fixadas para o derradeiro xoves dos meses de Marzo, Xuño, Setembro e Decembro, en horario das oito e media da mañá.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/caamano-outorga-amplas-competencias-e-responsabilidades-concelleira-patricia-torres

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/caamano-outorga-amplas-competencias-e-responsabilidades-concelleira-patricia-torres [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/caamano-outorga-amplas-competencias-e-responsabilidades-concelleira-patricia-torres [3] whatsapp://send?text=Caamaño outorga amplas competencias e responsabilidades á concelleira Patricia Torres http://copecarballino.es/novas/caamano-outorga-amplas-competencias-e-responsabilidades-concelleira-patricia-torres [4] http://copecarballino.es/print/43893