Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O alcalde Fumega e o bispo Leonardo Lemos comprométense colaboración "para axudar ás persoas"

5, Xullo 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O alcalde do Carballiño e concelleiros e concelleiras da corporación recibiron este sábado o bispo da diocese de Ourense, Leonardo Lemos, no salón de plenos da consistorial carballiñesa.

De mestre de ceremonias actúou o párroco da Veracruz Xosé Benito Siero, que explicou o motivo da visita do máximo dirixente eclesiastico da diocese a O Carballiño "unha visita pastoral, para atender e escoitar a numerosos grupos que día a día traballan codo a codo ca parroquia e, sobre todo, axudando a quen o precisa".

Pola súa banda o Bispo agradeceu o recibimento na casa do concello, o mesmo tempo tiña palabras de recoñecemento para" o traballo que se está a facer dende o concello, os servicios sociais,  Cruz Vermella e Cáritas, axudando a moitas familias da vila e a bisbarra que en estos tempos tanto o necesitan".

Finalmente o alcalde carballiñés Francisco Fumega, confirmoulle a colaboura en todo aquelo  "que teña como fin axudar as persoas”. Fumega entregoulle a o bispo un exemplar dun  libro do arquivo municipal, así como dunha metopa co escudo da Vila. Trala recepción o bispo asinou no libro de honra do concello do Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-fumega-e-o-bispo-leonardo-lemos-comprometense-colaboracion-para-axudar-persoas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-fumega-e-o-bispo-leonardo-lemos-comprometense-colaboracion-para-axudar-persoas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-fumega-e-o-bispo-leonardo-lemos-comprometense-colaboracion-para-axudar-persoas [3] whatsapp://send?text=O alcalde Fumega e o bispo Leonardo Lemos comprométense colaboración [4] http://copecarballino.es/print/43900