Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello realiza obras de mantemento nas instalacións deportivas da Uceira

10, Xullo 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os traballos consisten nunha limpeza integral de toda a superficie do terreo de xogo e zonas de banda e banquillos, para eliminar todas las sustancias que durante este tempo foron acumulandose no campo, cunha maquinaria especial para este tipo de labores. Desta forma consiguese osixenar o campo para, posteriormente realizar unha “replantación” de caucho que lle devolverá a estas instalacións deportivas o seu estado perfecto para a práctica de deportes.

O concelleiro de deportes Manolo Dacal considra que "era imprescindible realizar estes traballos canto antes, xa que nos últimos anos non se fixeron e este tipo de instalación requiren dun mantemento periódico, para que estén en perfecto estado para a practica do deporte, sendo a segunda vez que se realizan estes traballos nos últimos anos"..

Dacal  sinalaba que “escollimos esta época do ano para realilzar estes traballos, tan necesarios nun campo artificial como o da Uceira, porque é cando menos actividade deportiva se concentra nestas instalacións, e así telo en perfectas condicións para o inicio da vindeira tempada das escolas deportivas”.

Estas instalacións da Uceira son empregadas o longo do ano por moitos deportistas,  entre eles preto de 200 rapaces e rapazas da Escola Municipal de Futbol, así como por equipos de otras ligas como a de veteranos " polo que se pode afirmar que son as instalacións deportivas municipais con maior demanda e, polo tanto, as que maior atención deben ter por parte dos responsables municipais", remarcou Dacal.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-realiza-obras-de-mantemento-nas-instalaci%C3%B3ns-deportivas-da-uceira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-realiza-obras-de-mantemento-nas-instalacións-deportivas-da-uceira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-realiza-obras-de-mantemento-nas-instalacións-deportivas-da-uceira [3] whatsapp://send?text=O concello realiza obras de mantemento nas instalacións deportivas da Uceira http://copecarballino.es/novas/o-concello-realiza-obras-de-mantemento-nas-instalacións-deportivas-da-uceira [4] http://copecarballino.es/print/43905