Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Coruña, cidade á que está dedicada este ano, acolleu a presentación da Festa do Polbo

15, Xullo 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O mercado da Praza de Lugo, na Coruña, acolleu a presentación da Festa do Polbo do Carballiño, dedicada nesta 53 edición á cidade herculina. O alcalde coruñés Xulio Ferreiro recibía á comitiva carballiñesa, agradecendo o xesto da dedicación dunha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia.

Ferreiro recordaba a unión que existe entre A Coruña e O Carballiño, cimentada nos veciños dunha e outra poboación, recordaba durante a presentación como el mesmo coñeceu O Carballiño cando rea pequeno, acompañando os seus pais e avós a tomar as augas da vila do Arenteiro.

Pola súa banda o alcalde carballiñés mostraba o seu agradecemento á corporación coruñesa alí representada polo seu alcalde e o edil de Turismo Alberto Lema, por acoller esta presentación, nun lugar tan emblemático como a praza de Lugo, onde se encontra a Praza de Abastos " e que mellor lugar que un mercado para presentar esta festa, un lugar onde, como na orixe do Carballiño, reúnen os veciños e veciñas para o comercio", a estes veciños e veciñas da Coruña invitou Francisco Fumega a que acudisen á Festa do Polbo, o segundo domingo de agosto, onde serán recibidos como sempre, cos brazos abertos e dispostos a compartir unha porción de polbo a feira".

Tras os discursos chegou o momento de probar o produto estrela, o polbo a feira, que nesta ocasión foi cocido polo campión galego, o carballiñés Francisco Gómez. Todos os presentes gabaron o sabor do polbo do Carballliño, e aseguraron que non se perderán esta edición da festa.

Entre os numerosos veciños da Coruña que acudiu á cita da Festa do Pulpo encontrábanse tamén veciños e veciñas do Carballiño, que residen na Coruña, e que tampouco quixeron perderse saborear unha tallada carballiñesa na cidade herculina, entre estes veciños do Carballiño encontrábase, como non podía ser doutra forma Felipe Senén, carballiñés de pro e creador de numerosos carteis da Festa do Pulpo durante varias décadas, carteis que adornaban a praza de abastos coruñesa.

A representación Carballiñesa estivo formada nesta presentación polo xa mencionado alcalde da vila, acompañado do edil de Turismo Manolo Dacal, a edil de Benestar Marina Ortega, e os edís do Partido Popular Argimiro Marnotes e Piar Caride, e o concelleiro do BNG Chema Ferreiro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/coruna-cidade-que-esta-dedicada-este-ano-acolleu-presentacion-da-festa-do-polbo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/coruna-cidade-que-esta-dedicada-este-ano-acolleu-presentacion-da-festa-do-polbo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/coruna-cidade-que-esta-dedicada-este-ano-acolleu-presentacion-da-festa-do-polbo [3] whatsapp://send?text=A Coruña, cidade á que está dedicada este ano, acolleu a presentación da Festa do Polbo http://copecarballino.es/novas/coruna-cidade-que-esta-dedicada-este-ano-acolleu-presentacion-da-festa-do-polbo [4] http://copecarballino.es/print/43909