Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Decenas de miles de persoas -70.000 según o concello- gozan da gran pulpada carballiñesa

9, Agosto 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Como cada segundo domingo do mes de agosto O Carballiño volveu reunir a decenas de miles de persoas convocados pola gran pulpada galega elaborada no parque municipal por 21 pulpeiras e pulpeiros de Arcos, e outros tantos repartidos polo casco urbano.

Dende primeiras horas da mañá a chegada de visitantes foi masiva, e aínda que o epicentro da festa sigue estando no parque municipal co xantar campestre como o gran protagonista, a afluencia de público foi tamén multitudinaria nas rúas máis céntricas do Carballiño, onde a maior parte da hostelería local fixo o seu gran agosto.

Dende a organización, a cargo do concello do Carballiño, apúntase a cifra dos 70.000 participantes nesta 53 edición da convocatoria festiva e gastronómica carballiñesa.

O alcalde Carballiñés Francisco Fumega salientou que "as expectativas de asistencia cumplironse con creces este ano, esto é mérito de todos os que durante 53 anos traballaron para que a festa chegase con esta vitalidade ata o presente, a festa é mérito de todos os que nos precederon e agora a nosa obriga e seguir traballando para que siga sendo a gran referencia das festas gastronómicas galegas". No recinto do concello, onde unhos 1.500 comensais degustaron o menú da festa, coincidiron co actúal rexedor outros catro exalcaldes carballiñeses, que  que poden verse na foto de COPE O Carballiño.

A xornada festiva, que culminou unha semana repleta de actividades e ambiente no Carballiño, desenvolveuse sen incidencias reseñables e con normalidade. O operativo de seguridade, no que participaron 120 persoas, incluídas as forzas e corpos de seguridade, e persoal sanitario, non rexistraron intervencións de relevancia.

 

 

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/decenas-de-miles-de-persoas-70000-seg%C3%BAn-o-concello-gozan-da-gran-pulpada-carballi%C3%B1esa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/decenas-de-miles-de-persoas-70000-según-o-concello-gozan-da-gran-pulpada-carballiñesa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/decenas-de-miles-de-persoas-70000-según-o-concello-gozan-da-gran-pulpada-carballiñesa [3] whatsapp://send?text=Decenas de miles de persoas -70.000 según o concello- gozan da gran pulpada carballiñesa http://copecarballino.es/novas/decenas-de-miles-de-persoas-70000-según-o-concello-gozan-da-gran-pulpada-carballiñesa [4] http://copecarballino.es/print/43931