Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Polas primeiras contratacións de persoal no concello: Alternativa Veciñal pedirá explicacións e o BNG lamenta que o PSdeG "incumpra o seu programa electoral"

15, Agosto 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A convocatoria que ven de facer pública o concello do Carballiño para a contratación de persoal laboral temporal ven de motivar as críticas dos grupos da oposición, tanto por parte de Alternativa Veciñal como do BNG.

Alternativa Veciñal censura o feito de que o grupo de goberno "aproveitase a a fin de semana da festa do polbo para sacar as bases para a contratación de diverso persoal sen pasar por ningunha comisión informativa nin polo pleno".

Conideran que "dada a situación económica precaria do concello, este tipo de contrataicóns deben estudarse en órganos de participación, polo que descoñecemos a necesidade de efectuar esas contratacións"

Alternativa Veciñal defende que estes procedementos de contratación de traballadores debe facerse con "garantindo a transparencia". Piden ao alcalde que convoque con urxencia a Xunta de Portavoces e explique os pormenores destes procedementos de selección de traballadores sociais, auxiliares administrativos e un técnico de orientación laboral.

Pola súa parte, o BNG lamenta "que os socialistas incumpran o seu propio programa electoral e o código ético que pregonaba o alcalde cando decía que ían eliminar a parte da entrevista persoal nos procesos para acceder a un posto de traballo no concello".

Ademáis,  o BNG dubida da necesidade de contratar un orientador laboral "xa que na actualmente no concello do Carballiño xa existen dous orientadores laborais".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/polas-primeiras-contrataci%C3%B3ns-de-persoal-no-concello-alternativa-veci%C3%B1al-pedir%C3%A1-explicaci%C3%B3ns-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/polas-primeiras-contratacións-de-persoal-no-concello-alternativa-veciñal-pedirá-explicacións-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/polas-primeiras-contratacións-de-persoal-no-concello-alternativa-veciñal-pedirá-explicacións-e [3] whatsapp://send?text=Polas primeiras contratacións de persoal no concello: Alternativa Veciñal pedirá explicacións e o BNG lamenta que o PSdeG [4] http://copecarballino.es/print/43936