Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta subvenciona obras de mellora que proxecta o concello de San Amaro en Cristimil

21, Agosto 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez e o director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos, asinaron un convenio de colaboración, polo que a Xunta se compromete a finaciar obras de mellora no neste municipio, en concreto na localidade de Cristimil.

 Xunto ao rexedor de San Amaro tamén asinaron convenios de colaboración os alcaldes de Cortegada, Padrenda e Parada do Sil.

Faránse obras de mellora e conservación nos espazos públicos do pobo de Cristimil, na parroquia de San Cibrán.

Estes convenios asínanse ao abeiro dunha orde de subvencións da Vicepresidencia, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais destinadas a concellos galegos en 2015; que está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-subvenciona-obras-de-mellora-que-proxecta-o-concello-de-san-amaro-en-cristimil

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-subvenciona-obras-de-mellora-que-proxecta-o-concello-de-san-amaro-en-cristimil [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-subvenciona-obras-de-mellora-que-proxecta-o-concello-de-san-amaro-en-cristimil [3] whatsapp://send?text=A Xunta subvenciona obras de mellora que proxecta o concello de San Amaro en Cristimil http://copecarballino.es/novas/xunta-subvenciona-obras-de-mellora-que-proxecta-o-concello-de-san-amaro-en-cristimil [4] http://copecarballino.es/print/43939