Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño recibirá a 700 coralistas na "XII Romaría Coral de Galicia"

2, Setembro 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O domingo 6 de Setembro o auditorio da Veracruz acollerá a XII Romaría de Corais de Galicia, organizada pola Fecoga (Federación de Corais de Galicia), máis de 700 voces que interpretarán dende as 19:00 horas diversas pezas que van dende populares galegas como Eu caseime por un ano, ata cancións Zulús como Siyahamba. Esta Romaría ten como xermen orixinal a xuntanza celebrada no ano 1987 na cidade de Santiago. Dende esa data ata agora foron moitas as cidades e vilas que colleron este espectáculo musical, que nesta edición chega a O Carballiño.

A romaría comenzará as 11:00 horas, ca chgada das corais a igresia da Veracruz, donde participaran na misa de 12:30,  para posteriormente acudir o concello do Carballiño onde serán recibidos polo alcalde e a corporación. 

As 14:15 está prevista a comida no Parque Municipal, onde os coralistas collerán forzas para, dende as 17:00 horas comenzar os ensaios no multifuncional. Xa as 19:00 o entorno da Veracruz será “tomado” polos coralistas para iniciar este gran concerto que terá dúaspartes, unha primeira a capela, e a segunda acompañados pola Banda Escola de Música do Carballiño. O festival rematará ca entrega dos diplomas conmemorativos da XII Romaría de Corais a todalas formacións participantes.

O concelleiro de cultura do Carballiño, Diego Fernández salientou o "orgullo" que para O Carballiño é acoller este imporante evento e o feito de que a Federación Coral Galega decidise celebralo no Carballiño, decisión na que seguramente ten bastante que ver o actuál presidente da Federación de Corais de Galicia, o carballiñés Antonio Rey Cornide.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballi%C3%B1o-recibir%C3%A1-700-coralistas-na-xii-romar%C3%ADa-coral-de-galicia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballiño-recibirá-700-coralistas-na-xii-romaría-coral-de-galicia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballiño-recibirá-700-coralistas-na-xii-romaría-coral-de-galicia [3] whatsapp://send?text=O Carballiño recibirá a 700 coralistas na [4] http://copecarballino.es/print/43947