Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Festival de Teatro Galego ofrece unha variada programación diaria, do 8 ao 11 de Setembro

7, Setembro 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Festival de Teatro Galego do Carballiño está organizado pola asociación cultural FETEGA, e conta coa colaboración económica do concello carballiñés, Deputación e AGADIC.

Este ano as representacións teatrais sucederanse dende o martes 8 ata o venres 11 de Setembro. Os asistentes poderán gozar estes días da seguinte programación:

Martes 8 de setembro, o festival comeza ás 19.30 horas con Raquel Queizas e a súa representación "O Segredo do Tendal" no anfiteatro da Verarucz e ás 22.30 horas no auditorio Arenteiro de Carlos Blanco e Celso Fernández Sanmartín.

Mércores 9, ás 19.30 horas no anfiteatro da Veracruz "Cocer e Cantar" de Viravolta seguido ás 22.30 horas por "Eu ocupome dous Nenos e ou Meu Home dá Parte dous Gastos" de La Floristería no auditorio.

Xoves 10, pola tarde ás 19.30 horas no anfiteatro da Veracruz "As Mil e Unha Noites" de Ghazafelhos seguido ás 22.30 horas, no auditorio, polo "Furancho" de Ibuprofeno Teatro.

Venres 11, para finalizar o festival, ás 19.30 horas no anfiteatro da Veracruz  actuación de Magos do Ribeiro e ás 22.30 horas Mofa & Mofa no século de Ouro, seguido da Gala Fetega.

Durante as catro xornadas, todos os asistentes poderán participar na praza do Concello de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 19.00 horas de talleres de malabares e instrumentos do mundo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-festival-de-teatro-galego-ofrece-unha-variada-programaci%C3%B3n-diaria-do-8-ao-11-de-setembro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-festival-de-teatro-galego-ofrece-unha-variada-programación-diaria-do-8-ao-11-de-setembro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-festival-de-teatro-galego-ofrece-unha-variada-programación-diaria-do-8-ao-11-de-setembro [3] whatsapp://send?text=O Festival de Teatro Galego ofrece unha variada programación diaria, do 8 ao 11 de Setembro http://copecarballino.es/novas/o-festival-de-teatro-galego-ofrece-unha-variada-programación-diaria-do-8-ao-11-de-setembro [4] http://copecarballino.es/print/43951