Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño conserva unha tradición de 71 anos

20, Setembro 2015 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O parque municipal do Carballiño acolleu este domingo a 71 edición do Concurso Comarcal do Gando da Raza Rubia Galega, que fora suspendido o pasado dia 15 por causa do mal tempo.

Desta vez, a colaboración da meteoroloxía cunha soleada maña de domingo, favoreceu a celebración dunha actividade que reuníu aos mellores exemplares da raza rubia galega da comarca, que foron admirados por numeroso público, curiosos e ata familias con cativos, que se achegaron ata o recinto do parque.

Un concurso que se mantén, fundamentalmente, grazas a presenza dos gandeiros de Piñor e Cea. A Deputación desplazou, fora de concurso, dous sementais reproductores, que superan os mil kilos de peso, e despertaron o interese de nenos e maiores.

O concurso está organizado pola concellería do medio rural do concello do Carballiño, e rematou coa entrega de premios e un xantar de confraternidade celebrado no mesmo parque municipal.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballi%C3%B1o-conserva-unha-tradici%C3%B3n-de-71-anos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballiño-conserva-unha-tradición-de-71-anos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballiño-conserva-unha-tradición-de-71-anos [3] whatsapp://send?text=O Carballiño conserva unha tradición de 71 anos http://copecarballino.es/novas/o-carballiño-conserva-unha-tradición-de-71-anos [4] http://copecarballino.es/print/43957