Desenrolado por coroa.es
Ata sete goles poideron ver os espectadores que en bo número asistiron ao Estadio de Espiñedo, e o mellor para a afección verde, cinco deses goles foron obra do Arenteiro ante un Porriño Industrial que chegou a empatar na segunda parte un partido que gañaban os carballiñeses ao descanso por 1-0. Logo, na segunda parte chegou o festival goleador.
Por dúas veces tivo o Porriño ocasións para adiantarse no marcador, pero os seus dianteiros erraron. No minuto 36 chegou o primeiro gol do Arenteiro obra de Dani Arbo, logo xa na reanudación o Porriño empatou no minuto 52, e tan so catro minutos máis tarde outra vez a estratexia, outra vez Dani Arbo, outra vez de cabeza, volveu adiantar aos verdes. O terceiro gol, tamén en xogada de estratexia, culminada, tamén de cabeza por Vitti. Despois, chegaron dúas xogadas fabricadas por Sanginés que puxo balóns de ouro a Marc e Victor Gallego, que fixeron -respectivamente- o cuarto e o quinto. Xa co tempo cumplido maquillou o resultado o Porriño Industrial co derradeiro gol da tarde.
C.D. Arenteiro: Israel, Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Váquez. Tamén xogaron Lois, Marc, Sanginés e Victor Gallego.
Na próxima xornada, o domingo 25, o Arenteiro desplázase a Vigo, para enfrontarse ao sempre complicado Valladares.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/festival-de-goles-en-espiñedo-cd-arenteiro-5-2-porriño-industrial-cf
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/festival-de-goles-en-espiñedo-cd-arenteiro-5-2-porriño-industrial-cf
[3] whatsapp://send?text=Festival de goles en Espiñedo: CD Arenteiro 5-2 Porriño Industrial CF http://copecarballino.es/novas/festival-de-goles-en-espiñedo-cd-arenteiro-5-2-porriño-industrial-cf
[4] http://copecarballino.es/print/43978
[5] http://copecarballino.es/image/primeiro-gol-de-dani-arbo