Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello mantén a celebración da cabalgata de reis agardando "unha mellora do tempo a partir das seis da tarde"

4, Xaneiro 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As nenas e nenos do Carballiño poderán acompañar aos Reis Magos na cabalgata que se desenvolverá este martes dia 5, a partir das seis da tarde, entre o templo da Veracruz e o concello.  Malia ás adversas condicións meteorolóxicas, a previsión apunta a un lixeiro melloramento a partir das seis da tarde, polo que o concello do Carballiño decidiu manter o itinerario previsto inicialmente.

A cabalgata partirá ás seis da tarde do templo da Veracruz  e percorrerá as rúas Conde Vallellano, Rosalía de Castro, Tomás María Mosquera, Ribeiro e Cesáreo Tizón, para culminar, ás sete da tarde, na Praza Maior, fronte ao concello.

A continuación os reis saudarán aos nenos e nenas dende o balcón da casa consistorial,  compartirán o saúdo co alcalde, e de seguido terá lugar a recepción no salón de actos.7

Máis dun cento de persoas participarán na cabalgata, que estará formada por tres carrozas profusamente engalanadas e iluminadas para a ocasión. As carrozas, nas que irán os reis e os paxes, contarán coa animación musical da Escola de Gaitas do Carballiño, de Banda de Música municipal, así como do son propio que levan incorporado.

Non obstante, e dependendo da tregua da chuvia, podería variar o acompañamento musical en determiñados tramos do percorrido. 

Ainda que todas as previsións consultadas, apuntan a unha dimunición da pluviosidade a partir das seis da tarde, cun período de chuvia prácticamente inapreciable, que permitirá que a cabalgata se poida desenvolver sen perigo para os participantes e o público, prégase se manteñan as distancias de seguridade con respecto ás carrozas, para evitar calquera posible contratempo.  Ao respecto, o concello velará ao máximo pola seguridade durante o percorrido da cabalgata.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-manten-celebracion-da-cabalgata-de-reis-agardando-unha-mellora-do-tempo-partir-das

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-manten-celebracion-da-cabalgata-de-reis-agardando-unha-mellora-do-tempo-partir-das [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-manten-celebracion-da-cabalgata-de-reis-agardando-unha-mellora-do-tempo-partir-das [3] whatsapp://send?text=O concello mantén a celebración da cabalgata de reis agardando [4] http://copecarballino.es/print/44029