Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Partido Popular denuncia posibles irregularidades na execución da obra de reparación de viais na zona industrial

11, Xaneiro 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Na obra realizada polo Concello na zona industrial, subvencionada pola xunta de Galicia, O Grupo municipal do Partido Popular "detecta cambios importantes en partidas de Obra".

Partidas como "a demolición de pavimentos asfálticos existentes, extendido de zahorra artificial, base de firme de macadam e aglomerado de 6 ctm nun tramo de 2.590 m2 foi sustiruida por partida onde se extendeu aglomardo por riba dun simple fresado do piso existense", aseguran.

Tamén se detectan -afirman os populares-  tramos que terían que ir en aglomerado e que se resolveron cun rego asfáltico.

O Grupo Municipal do Partido Popular, ven de solicitar documentación ao Concello, do expediente administrativo e técnico desta obra, na que entenden que se realizaron modificacións importantes en partidas de obras "que poideron aforrar moitos cartos á empresa, aínda que esta cobrara a obra na súa totalidade", manifestan.

Esta obra saíu a concurso por 129.106,47€ e adxudicouse por 111.108,87€ e obligábanse a executar todas e cada unha das partidas recollidas no proxecto técnico de obra.

"A falta de analizar en profundidade o expediente, que se fará tan pronto o faciliten, pódese falar dun aforro dunhs 35.000€ que non se viron, nin recollidos en nigún expediente administrativo, nin modificado de obra, nin reformado de obra, e que ademáis tampouco se viu refrexado nun aforro para a administración. O único que tivo aforro foi a empresa adxudicataria que cobróu íntegramente o que o proxecto marcaba" subliñan dende o grupo municipal do Partido Popular.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-denuncia-posibles-irregularidades-na-execucion-da-obra-de-reparacion-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-denuncia-posibles-irregularidades-na-execucion-da-obra-de-reparacion-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-denuncia-posibles-irregularidades-na-execucion-da-obra-de-reparacion-de [3] whatsapp://send?text=O Partido Popular denuncia posibles irregularidades na execución da obra de reparación de viais na zona industrial http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-denuncia-posibles-irregularidades-na-execucion-da-obra-de-reparacion-de [4] http://copecarballino.es/print/44035