Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Un soberbio Arenteiro derrota ao líder Vilalonga en Espiñedo, 1-0

7, Febreiro 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Chegaba o equipo do Vilalonga a Espiñedo coa vitola de líder intratable da categoria, con tan so un partido perdido no que ía de liga. Pero enfronte estaba a mellor versión do Arenteiro desta tempada, a pesar das numerosas baixas, os verdes realizaron un sensacional partido conseguindo unha desas victorias que dín "de prestixio".

Comezou o partido co equipo do Salnés mostrando as súas credenciais de líder, pero paseniñamente o Arenteiro se foi sacudindo o dominio inicial do Vilalonga para pasar a ser o equipo que levaba o control do partido, a asi chegou ao minuto 25 no que Vitti marcaba o gol que sería o da victoria.

Tralo paso por vestiarios o Arenteiro cedeu ao Vilalonga o dominio de balón, pero éste resultou estéril ante a desesperación visitante. Pudo o Arenteiro sentenciar o partido, ata por tres veces con claras ocasións de gol, pero os dianteiros verdes non estiveron atinados na definición. E menos mal que non houbo que lamentálo, e tampouco que o árbitro se tragase un clamoroso penalti na área do Vilalonga.

En definitiva, soberbia tarde dos verdes, que ante a plaga de lesións acabaron o partido con 3 xuvenís no campo. Aínda que máis difícil o terá o adestrador Manel Vázquez o próximo domingo en Domaio, xa que tampouco poderá contar con Dafonte, que completará ciclo, nin Victor Gallego, que foi expulsado cando xa fora sustituído.

CD Arenteiro: Pachi, Marcos Castro, Maxi, Dafonte, Pana, Victor Gallego, Bardelás, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Esteban, Iván Portos, Enríque e Rivera.

[5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/un-soberbio-arenteiro-derrota-ao-l%C3%ADder-vilalonga-en-espi%C3%B1edo-1-0

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-soberbio-arenteiro-derrota-ao-líder-vilalonga-en-espiñedo-1-0 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-soberbio-arenteiro-derrota-ao-líder-vilalonga-en-espiñedo-1-0 [3] whatsapp://send?text=Un soberbio Arenteiro derrota ao líder Vilalonga en Espiñedo, 1-0 http://copecarballino.es/novas/un-soberbio-arenteiro-derrota-ao-líder-vilalonga-en-espiñedo-1-0 [4] http://copecarballino.es/print/44060 [5] http://copecarballino.es/image/o-go-da-victoria-obra-de-vitti