Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cámbeos pola chuvia: a Orquestra-Espectáculo Fórmula actuará na Praza do Emigrante, onde se instalou unha gran carpa para o público

7, Febreiro 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O baile de máscaras do luns de entroido, que se ía celebrar na Praza Maior, trasládase á Praza do Emigrante, onde hai instalada unha gran carpa.

Así pois, a orquesta.espectáculo FÓRMULA, actuará baixo esta carpa, que ten capacidade para acoller a unhas mil persoas.

Os pases serán de 21.00 a 22,00 h., e de 00,00 a 02,00 h.

Dende as concellalías de Cultura e Turismo, así como do sector hosteleiro, que colabora na contratación desta orquestra, considérase que esta baile do luns  conta cunha gran expectación, a pesar do tempo revolto, e se cre que hai moito interés tanto no Carballiño como na comarca e fóra dela por ver esta actuación.

Por isto, acordouse cambiar o emprazamento previsto inicialmente.

A negativa previsión de tempo para tarde noite do luns, 8 de febrero, aconsella este traslado de escenario, co que se garante tanto a actuación desta orquestra, formada por excompoñementes doutras orquestras punteiras de Galicia e que está chamada a ser unha das grandes orquestras desta próxima tempada, como a posibilidade de que o público a poida seguir a colleito.

No é este o único cambio que se está a producir nesteentroido por causa do mal tempo. O sábado, xa se tivo que celebrar o entroido infantil no salón de baile do Casino. O forteventoobrigou a abrir a carpa polos laterais, para evitar que o aire a puidedese levantar.

Sen embargo, o baile de máscaras dos maiores e a actuacións da murga local Os Liborianos, que na tarde do domingo, desenvolveronse baixo esta carpa.

Ademáis, a concellalía de Cultura tomará -probablemnte durante a xornada do lúns- unha decisión acerca de calquera variación que se puidese realizar con respecto ao desfile de comparsas do martes de entroido. Nese caso, será comunicado coa debida antelación.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cambeos-pola-chuvia-orquestra-espectaculo-formula-actuara-na-praza-do-emigrante-onde-se

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cambeos-pola-chuvia-orquestra-espectaculo-formula-actuara-na-praza-do-emigrante-onde-se [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cambeos-pola-chuvia-orquestra-espectaculo-formula-actuara-na-praza-do-emigrante-onde-se [3] whatsapp://send?text=Cámbeos pola chuvia: a Orquestra-Espectáculo Fórmula actuará na Praza do Emigrante, onde se instalou unha gran carpa para o público http://copecarballino.es/novas/cambeos-pola-chuvia-orquestra-espectaculo-formula-actuara-na-praza-do-emigrante-onde-se [4] http://copecarballino.es/print/44061