Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello cualifica a XXII Festa da Cachucha como "a máis multitudinaria que se recorda"

15, Febreiro 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello do Carballiño cualifica a XXII Festa da Cachucha celebrada este pasado domingo comoa máis multitudinaria de cantas se levan celebrado no Carballiño. Malia ao mal tempo, con choiva e frío, que non cesou en todo o día , agás algúns intervalos, tanto os restaurantes como as rúas rexistraron unha gran afluencia de público.

O feito de que o desfile aprazado do martes de entroido se celebrase onte, axudou en gran medida pero tamén a animación e pasarrúas de comparsas, murgas, charangas e folións do mediodía, e, por suposto, o crecente interese por degustar o menú gastronómico do entroido servido nos restaurantes e mesóns do Carballiño.   

A restauración e a hostalería carballiñesa, por termo xeral, tivo unha gran ocupación, dándose incluso o caso de que nalgún restaurante se fixeron dous turnos de comidas.

E especialmente brillante resultou o desfile da tarde, encabezado por folións e comparsas que non concursaban, e seguido de catorce comparsas que si o facían.

Tras case dúas horas de recorrido, e cun esforzo digno de eloxio de todas as persoas integrantes das comparsas, numeroso público presenciou o desfile, a pesar de ter que facelo en moitos momentos cos paraguas abertos.

O fallo do xurado dos premios foi o seguinte:

 1º PREMIO 1.300€ Chuchería Galáctica (As. Cul. Castro de San Amaro)

2º PREMIO 1.000€  Ao son dos xigantes (As. Veciños de Freixo)

3º PREMIO    800€  Fantasía cordobesa (Os azucarados de Maside)

4º PREMIO    400€  Fantasía Mariña (As. Cul. Arrieiros de Dacón)

5º PREMIO    350€  Arácnidos do Carballiño (As. Lumareda)

6º PREMIO    300€  Facendo o indio

ACCÉSITS  

  • Os dálmatas (Os Trangalláns)
  • O rebaño do Vila do Arenteiro (Anpa do Vila do Arenteiro)
  • Os osos amorosos (Anpa da Uceira)
  • Os silleiros de Maside
  • Comando Picapezas.

PREMIO especial de 300€ (puntuación das comparsas): Houbo triple empate, pero ao final gañou a comparsa Os osos amorosos (Anpa da Uceira)

PREMIO especial colaboración no entroido carballiñés: Os Liborianos.

As concellalías de Cultura e Turismo agradecen a a todos os integrantes das comparsas e folións a súa participación no desfile, sobre todo, tendo en conta as adversas condicións meteorolóxicas nas que se desenvolveu, e por suposto, a todo o público en xeral, carballiñeses e visitantes, que encheron os restaurantes, cafeterías e as rúas da vila. 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-cualifica-xxii-festa-da-cachucha-como-m%C3%A1is-multitudinaria-que-se-recorda

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-cualifica-xxii-festa-da-cachucha-como-máis-multitudinaria-que-se-recorda [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-cualifica-xxii-festa-da-cachucha-como-máis-multitudinaria-que-se-recorda [3] whatsapp://send?text=O concello cualifica a XXII Festa da Cachucha como [4] http://copecarballino.es/print/44066