Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O IES Chamoso Lamas participa nunha nova edición do "Parlamento Xove"

26, Febreiro 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os alumnos de 3º de ESO do IES Chamoso Lamas, Pilar España, Marta Fernández, Santiago López e Manuel Quireza participarán o sábado 27 de Febreiro na sétima edición do Parlamento Xove, mentres que o sábado 5 de Marzo a quenda será para os alumnos de Bacharelato, Yeray Barreiro, Danarys Michaelis, Ana Fernández e Lucía España.

O proxecto Parlamento Xove confórmano un conxunto de encontros dialécticos que teñen por obxecto fomentar entre os mozos o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.

Poténcianse habilidades individuais e en grupo entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

Na edición deste ano o tema a tratar leva como título “Determina o papel do profesor/a o futuro dos nosos mozos e mozas? ”, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, nesta edición participan 48 centros de toda Galicia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-ies-chamoso-lamas-participa-nunha-nova-edici%C3%B3n-do-parlamento-xove

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ies-chamoso-lamas-participa-nunha-nova-edición-do-parlamento-xove [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ies-chamoso-lamas-participa-nunha-nova-edición-do-parlamento-xove [3] whatsapp://send?text=O IES Chamoso Lamas participa nunha nova edición do [4] http://copecarballino.es/print/44075