Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Partido Popular pide explicacións e unha reunión urxente ao "advertir que O Carballiño estivo sen Policia Local na tarde do lúns"

1, Marzo 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño ven de solicitar "unha reunión urxente dos portavoces dos grupos políticos co alcalde, concelleiro de seguridade e e xefe do servizo de Policia Local, co fin de que se nos informe sobre o que está acontecendo con este servizo".

Os populares aseguran que esta petición faise despois "de que este lúns dia 29 de Febreiro fumos advertidos por veciños do pobo de que o servizo de Policia Lcal estivo sen patrulla na quenda da tarde, pois tras reclamar a súa presenza a través do teléfono, comunicouselles que ata as 22 horas non existía axente algún que estivese en disposición de atender incidencia algunha", manifestan.

Considera o Partido Popular que "coa seguridade das persoas non se xoga, coa seguridade das persoas requírese ter un concelleiro que antepoña o servizo diario de atención á veciñanza, ante calquera situación que poida existir dentro do servizo da Policia Local".

Esperan no Partido Popular que esta reunión aclaratoria se convoque canto antes por parte dos responsables municipais.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pide-explicaci%C3%B3ns-e-unha-reuni%C3%B3n-urxente-ao-advertir-que-o-carballi%C3%B1o-estivo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pide-explicacións-e-unha-reunión-urxente-ao-advertir-que-o-carballiño-estivo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-pide-explicacións-e-unha-reunión-urxente-ao-advertir-que-o-carballiño-estivo [3] whatsapp://send?text=O Partido Popular pide explicacións e unha reunión urxente ao [4] http://copecarballino.es/print/44081