Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os concellos de San Amaro, Cenlle e Punxín recibirán asistencia da Deputación para o bombeo de auga

21, Marzo 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, deu conta esta dos acordos da Xunta de Goberno da institución provincial, no que destaca o convenio de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para a prestación de asistencia para a xestión do abastecemento en Alta "Razamonde–San Trocado" durante o exercicio 2016. Dende a ETAP de Razamonde levaráse a auga ata o depósito distribuidor no monte de san Trocado

Por parte destes concellos solicitouse da Deputación a prestación da dita asistencia para o abastecemento, e tralos estudos e negociación das posibles fórmulas acadouse un acordo en canto ás condicións da dita asistencia. O servizo prestarase pola Deputación a través da entidade AquaOurense, Sociedade Provincial de Augas e Medio Ambiente, S.L.

En contraprestación polo servizo prestado, a Deputación de Ourense percibirá a seguinte retribución económica: do Concello de Cenlle: 1.737,05 euros; do Concello de Punxín, 1.085,66 euros, e do Concello de San Amaro, 1.519,92 euros. O convenio estará vixente entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2016. Montserrat Lama destacou a importancia dos convenios de colaboración entre Deputación de Ourense e os concellos da provincia "para levar a cabo obras, servizos e infraestruturas que teñen na cooperación institucional o seu piar fundamental".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-concellos-de-san-amaro-cenlle-e-punxin-recibiran-asistencia-da-deputacion-para-o-bombeo-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-de-san-amaro-cenlle-e-punxin-recibiran-asistencia-da-deputacion-para-o-bombeo-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-concellos-de-san-amaro-cenlle-e-punxin-recibiran-asistencia-da-deputacion-para-o-bombeo-de [3] whatsapp://send?text=Os concellos de San Amaro, Cenlle e Punxín recibirán asistencia da Deputación para o bombeo de auga http://copecarballino.es/novas/os-concellos-de-san-amaro-cenlle-e-punxin-recibiran-asistencia-da-deputacion-para-o-bombeo-de [4] http://copecarballino.es/print/45780