Desenrolado por coroa.es
Según os datos que se desprenden do informe pulicado polo INE, procedentes do padrón municipal de de 2015 -13.999 habitantes-, o 42.14% dos habitantes empadronados no concello do Carballiño son naturais do propio municipio, nacidos no Carballiño, mentres que 57,86% da poboación actualmente empadronada no municipio procede de fora do Carballiño.
Desta maneira, concluimos que 5.899 habitantes do municipio carballiñés son naturais do mesmo, fronte a 8.100 habitantes que chegaron a O Carballiño nacidos fora do municipio.
Entre os non nacidos, o 43,00% chegaron a O Carballiño dende diversas localidades de España, o 31.92% dende outros municipios da provincia de Ourense, o 6.73% dende as outras 3 provincias galegas, o 4,34% dende outras comunidades autónomas, e o 14,87% dende outros paises, fora de España.
Según os datos aportados polo Instituto Nacional de Estadística, un total de 2.081 habitantes empadronados no concello do Carballiño naceron noutros países, 1358 en América e 677 en Europa. No continente africano, 26 habitantes, 14 en Asia e 6 en Oceania.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/5899-habitantes-do-carballino-son-naturais-do-municipio-mentres-que-8100-non-o-son
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/5899-habitantes-do-carballino-son-naturais-do-municipio-mentres-que-8100-non-o-son
[3] whatsapp://send?text=5.899 habitantes do Carballiño son naturais do municipio, mentres que 8.100 non o son http://copecarballino.es/novas/5899-habitantes-do-carballino-son-naturais-do-municipio-mentres-que-8100-non-o-son
[4] http://copecarballino.es/print/45858