Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta colaborará co concello nun proxecto de mellora urbana en San Amaro

21, Abril 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O alcalde de San Amaro, Ernesto Pérez, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantiveron un encontro de traballo no que abordaron diversas necesidades en materia de equipamento neste municipio.

Neste sentido, a titular deste departamento do goberno galego comprometeuse a estudar a colaboración co concello de San Amaro para financiar o proxecto de mellora do antigo campo da feira de San Amaro, na propia capitalidade municipal.

Trátase dun espazo de algo máis de 3.500 m2, no que ademáis se celebra a festa patronal, a carón da igrexa parroquial de San Amaro, e no que se pretende unha actuación de mellora, que xa foi consensuada previamente cos veciños da contorna.

A memoria económica elaborada polo concello para a execución deste proxecto elévase a 150.000 euros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-nun-proxecto-de-mellora-urbana-en-san-amaro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-nun-proxecto-de-mellora-urbana-en-san-amaro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-nun-proxecto-de-mellora-urbana-en-san-amaro [3] whatsapp://send?text=A Xunta colaborará co concello nun proxecto de mellora urbana en San Amaro http://copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-nun-proxecto-de-mellora-urbana-en-san-amaro [4] http://copecarballino.es/print/45880