Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Alternativa Veciñal demanda a inmediata apertura do parque intercomarcal de bombeiros e pide que sexa de xestión directa

25, Abril 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concelleiro de AV do Carballiño, Bernardo García, recordou como "este parque de bombeiros O Carballiño-Ribeiro leva varios anos de retraso na súa apertura, as instalacións están rematadas e xa foron licitados os vehículos, o problema agora é que se cambeou o modelo de xestíón, e que o Consorcio Provincial pretende sacar a concurso a xestión, privatizando o servizo, a o que nos nos opoñemos".

Alternativa Veciñal pretende que esta reivindicación sexa tratada nunha moción nun dos próximos plenos que celebre a corporación municipal do Carballiño, defendendo un modelo de xestión público "toda vez que as instalacións e dotación material fíxose con recursos públicos, ademáis polas características do servizo, a súa prestación non pode estar sometida á lóxica da obtención de beneficios, o que conlevaría a precarización do servizo".

Outro dos integrantes de AV, Manuel Nogueira,  expuxo que este mesmo acordo vaise trasladar ao resto dos concellos de ambas comarcas, ademáis de esixir a apertura inmediata das instalacións sitas no parque empresarial do Carballiño.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/alternativa-vecinal-demanda-inmediata-apertura-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-e-pide-que

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/alternativa-vecinal-demanda-inmediata-apertura-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-e-pide-que [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/alternativa-vecinal-demanda-inmediata-apertura-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-e-pide-que [3] whatsapp://send?text=Alternativa Veciñal demanda a inmediata apertura do parque intercomarcal de bombeiros e pide que sexa de xestión directa http://copecarballino.es/novas/alternativa-vecinal-demanda-inmediata-apertura-do-parque-intercomarcal-de-bombeiros-e-pide-que [4] http://copecarballino.es/print/45892