Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O BNG quédase cun único concelleiro na corporación municipal, tras abandonar a formación Marco Antonio Reboredo

29, Abril 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Bloque Nacionalista Galego quédase cun único concelleiro na corporación municipal do Carballiño, tras confirmarse a baixa na formación de Marco Antonio Reboredo.

O concelleiro, que ademáis veu exercendo durante os últimos anos como responsable do consello local do BNG no Carballiño, abandona o BNG por "non compartir a liña política que está seguindo o Bloque Nacionalista Galego", según comentou a esta emisora de radio.

De feito, o BNG pedíulle -por escrito- que renuncie á súa acta de concelleiro do BNG na corporación municipal do Carballiño, á que accedeu como nº 2 da candidatura do BNG-Asembleas Abertas nas eleccións municipais de Maio de 2015.

Según avanzou a esta emisora de radio, Marco Antonio Reboredo ten a intención de seguir exercendo como concelleiro, polo que tería que pasar a formar parte do grupo dos non abscritos.

Asi as cousas, Chema Ferreiro quédase como único concelleiro do BNG da corporación carballiñesa.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-bng-quedase-cun-unico-concelleiro-na-corporacion-municipal-tras-abandonar-formacion-marco

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-quedase-cun-unico-concelleiro-na-corporacion-municipal-tras-abandonar-formacion-marco [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-quedase-cun-unico-concelleiro-na-corporacion-municipal-tras-abandonar-formacion-marco [3] whatsapp://send?text=O BNG quédase cun único concelleiro na corporación municipal, tras abandonar a formación Marco Antonio Reboredo http://copecarballino.es/novas/o-bng-quedase-cun-unico-concelleiro-na-corporacion-municipal-tras-abandonar-formacion-marco [4] http://copecarballino.es/print/45908