Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta anuncia a posta en marcha dunha "Lanzadeira" e un novo Obradoiro de Emprego

8, Xuño 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta, Alfonso Marnotes, acompañado da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Diaz, anunciou que O Carballiño contará cunha "Lanzadeira de Emprego".

Esta iniciativa consiste nun programa que inclúe asesoramento, orientación e formación para mellorar a procura dun posto de traballo.

O municipios do Carballiño e Ourense son os únicos dous no ámbito provincial que van contar con este programa, do que se van beneficiar 120 persoas.

O proxecto establece unhos obxetivos de inserción laboral dos traballadores que participen nel, tendo que acadar un emprego como mínimo do 25% dos participantes.

Obradoiro de Emprego para os concellos do Carballiño, San Amaro, Boborás e Maside

A Xunta tamén anunciou a concesión dun novo obradoiro de emprego intermunicipal para os concellos do Carballiño, San Amaro, Boborás e Maside.

Ofrecerá formación e emprego a 20 persoas e contará cun orzamento de 180.000 euros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-anuncia-posta-en-marcha-dunha-lanzadeira-e-un-novo-obradoiro-de-emprego

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-anuncia-posta-en-marcha-dunha-lanzadeira-e-un-novo-obradoiro-de-emprego [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-anuncia-posta-en-marcha-dunha-lanzadeira-e-un-novo-obradoiro-de-emprego [3] whatsapp://send?text=A Xunta anuncia a posta en marcha dunha [4] http://copecarballino.es/print/46032